martes, 4 de septiembre de 2012

Entrada no novo curso


Remataron as vacacións e temos que ir pechando este blog e despedirnos "virtualmente"... Foi un ano formidable que queda no recordo e tamén nas fotos e vídeos deste blog, que podemos pasar a visitar sempre que queiramos e incluso comentar calqueira cousa.
Podedes seguir empregando ligazóns que vos sirvan de repaso ou de axuda cos vosos posteriores estudos, xa que aínda que nada máis se escriba nel, vai seguir aberto e colgado na rede.
Sen máis, un bico moi grande, e un cariño da vosa profe de 3º, 4º ou 5º, "asegún"!
Moita sorte no próximo curso!!

domingo, 24 de junio de 2012

As máquinas e os seus misterios

Varios nenos e nenas aportaron libros, revistas, xogos... para os diferentes proxectos. Nesta ocasión, Diego nos explica cómo é o funcionamento do seu xogo, e grazas a iso, poidemos aprender o que é unha batería ou pila, un interruptor, cales son os materiais que mellor conducen a corrente eléctrica, que é un electroimán, perigos da electricidade, aparellos e máquinas que funcionan con baterías...

Compost: paso a paso